As monitoras contaron que “estivemos esta semana, de luns a venres, facendo manualidades de Nadal de reciclaxe co alumnado de infantil, de primeiro, de segundo e de sexto de Primaria do Ceip Virxe do Carme”.
Desde Gaia explicaron que “utilizamos pratos e vasos de cartón, corchos e básicamente cada neno fixo o seu adorno para poñer na árbore de Nadal ou para decorar a casa”.
E engadiron que “o obxectivo é que vexan que non é necesario comprar todo, senón que moitas cousas se poden facer na casa e moitas con material que pensamos que non nos vale para nada, pero que si pode ter unha segunda vida”.