Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentada a Run Foz Run Nadal 2022, que se celebrará o 24 de decembro

Foz, 16 de decembro, 2022. Manuel Otero, xefe do servizo de Deportes da Xunta de Galicia en Lugo, José Carlos Paleo, presidente da Acia, Gema Méndez, concelleira de Xuventude e Deportes, Manuel Eiras, representante da Run Foz Run, e o alcalde, Fran Cajoto, presentaron unha nova edición da xa tradicional Run Foz Run Nadal, puntuable para o circuíto duacode RFR e o circuíto TourMariña.

En Foz, o día de noiteboa corremos nun circuíto urbano, adaptado ás diferentes categorías: pícaros (200m), benxamín (600m), alevín (1000m), infantil (1800m), cadete (1800m) e absoluta (5000m). Así tamén teremos paralelamente unha andaina de 6km

O Campo da Cabana será a saída de todas as probas, comezando ás 10:30h cos máis pequenos/as.

Ao finalizar celebrarase a cerimonia de premiación do circuíto de carreiras 2022, con sorteo de agasallos e dúas cestas de Nadal.

A concelleira de Xuventude e Deportes e o alcalde agradeceron á Run Foz Run e ao Club de Atletismo Ría de Foz o seu traballo ao longo de todo o ano e a gran organización dos eventos como o que hoxe damos a coñecer.

Exit mobile version