Site icon Crónica3.com A Mariña

Por Viveiro avoga pola continuidade do Foro Económico do Concello

Viveiro, 7 de decembro, 2022. O 30 de outubro de 2021 celebrouse o Primeiro Foro Económico do Concello de Viveiro, que nace coa idea de ser punto de encontro e dialogo do sector empresarial e de servizos do noso concello, para analizar a situación económica daquel momento e fomentar propostas que posibilitasen a reactivación da economía local despois da pandemia Covid-19.

No Foro, que contou con unha elevada asistencia de publico, tamén se valorou o esforzo do empresariado local, entregando un Recoñecemento Empresarial do Ano a unha empresa de Viveiro.

Segundo comunicou o goberno local en distintos medios, a idea era que o Primeiro Foro Económico de Viveiro tivera continuidade en sucesivas convocatorias de periodicidade anual.

Por todo o exposto, rogamos ao equipo de Goberno a explicación en pleno dos motivos de non realizar a convocatoria do Segundo Foro Económico de Viveiro.

Exit mobile version