Os populares, como agora pretende facer o goberno provincial, propuxeron en febreiro que a dixitalización se financiase con cargo aos fondos Next Generation
Castiñeira considera que a decisión do goberno provincial resulta sorprendente dado “que a súa primeira idea foi o voto en contra”. Os populares cren “que é unha boa idea, e que a Deputación de Lugo acerta facendo caso ao PP”. Espera que sirva “para mellorar as estradas, pero non chega só con dixitalizadas; hai que traballar nelas”. Para Castiñeira, “é unha boa nova” que a dixitalización “se faga con fondos Next Generation, como pedía o PP na súa moción”.
O portavoz popular está “seguro de que se o equipo de goberno copiara máis cousas do PP ou se dignara a coller propostas que fai o PP, á provincia iríalle moito mellor; proba diso é que en febreiro presentamos a nosa moción e agora, case rematado o ano, despois de seis meses perdidos, o goberno provincial vén de cambiar de opinión e anuncia a dixitalización da rede viaria”..