Site icon Crónica3.com A Mariña

OBenComún analiza na súa nova publicación, que será presentada o sábado 17 en Ribadeo, o estado do movemento pola Paz

Ribadeo, 9 de decembro, 2022. Adeus ás armas: Que foi do Pacifismo? aborda as presenzas e ausencias do movemento polas Paz nun momento de crecente confrontación e carreira armamentista. A invasión de Ucraína, a diferenza da invasión de Iraq, non ten xerado unha forte mobilización na rúa. Se durante a guerra de Iraq foi a cidadanía global quen protestou pola mesma, nesta guerra de Ucraína existen silencios incomprensibles. De aí o titulo do libro “Que foi do pacifismo?”.

Trátase dunha obra coral na que participan 21 autores/as que pola súa traxectoria desde a investigación, a educación ou o activismo pola Paz, son referenciais en Galicia e en España.

Federico Mayor Zaragoza, Jordi Armadans, Manuel Barbeitos, Ana Barrero, José Antonio Binaburu, Irene Comins, Manuel Dios, Jonan Fernández, Lourenzo F. Prieto, Tica Font, Emilio Grandío, Rafael Grasa, Xoán Hermida, Joám L. Facal, Carmen Magallón, Karen Marón, Manuela Mesa, María Oianguren, Pere Ortega, José Manuel Pureza, Guillermo Solarte.

Adeus ás armas: Que foi do Pacifismo? é o sexto titulo publicado polo foro de renovación política OBenComún. A coordinación do mesmo correu a cargo de Manuel Dios Diz. O libro esta prologado por Federico Mayor Zaragoza.

A presentación en Ribadeo (o sábado 17 de decembro ás 20,00 horas no Casa de El Viejo Pancho) contará coa presencia de Xoán Hermida e Evaristo Lombardero e terá unha mensaxe por video conferencia de Federico Mayor Zaragoza.

O libro poderá adquirirse en diferentes librarías ou poderase solicitar no correo obencomun@obencomun.gal terá como punto de venda en Ribadeo en O Bosque Animado.

Exit mobile version