O autor explicará na súa conferencia cales son as características destas embarcacións no porto de Foz, as súas diferenzas coas do porto de Viveiro, o número de buques que desde comezos do século XX traballaron nesta arte en Foz e os patróns máis significados e mariñeiros máis significados deste período. Andrés Díaz proxectará na súa palestra diversas fotos de barcos da arte da tarrafa que tiñan como base o porto de Foz.
