Site icon Crónica3.com A Mariña

O Presidente da Deputación participa na conmemoración do 44 aniversario da Constitución

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este martes no acto conmemorativo do 44 aniversario da Constitución Española que organizou a Subdelegación do Goberno na súa sede de Lugo. Durante o evento, ao que asistiron diferentes autoridades da provincia, fíxose lectura de varios artigos da Carta Magna e escoitáronse os himnos galego e nacional.

Exit mobile version