No PP cren que Rivera “é un problema, un obstáculo para a boa xestión dos fondos europeos”
O portavoz dos populares, Javier Castiñeira, sinala: “O Partido Popular quere denunciar o absoluto desbaraxuste e a falta de organización da Deputación de Lugo respecto da xestión de posibles fondos europeos para a recuperación. No pleno de xullo do 2021, o señor Pablo Rivera dubidaba de que as deputacións tiveran a posibilidade de optar a estes fondos e negáronse incluso a cooperar coa asociación de Jóvenes Empresarios de Lugo, como propoñía naquel momento o PP”. Castiñeira tamén explica: “Ao pouco tempo coñecemos que contrataron a unha consultora externa para facer un estudo sobre os mesmos, do cal o PP non sabe nada, nin se nos deu ningunha información”.
En febreiro do 2022, os populares levaron ao pleno “unha moción para solicitar que con cargo aos fondos Next Generation se efectuase a dixitalización do inventario de estradas e o señor Rivera dixo que era unha chorrada; pois ben, na máis recente xunta de goberno confirmaron que están interesados”. Castiñeira di: “Está claro que o señor Rivera é un problema, un obstáculo para a boa xestión destes fondos posto que non acerta nin a primeira. Agora vimos de escoitar que queren sacar unha nova versión do Innovate, despois de fracasar as dúas primeiras, que supuxo tirar pola borda case 25 millóns de euros”. Por elo, os populares demanda de Tomé que aparte a Pablo Rivera da xestión dos fondos Next Generation e que, se quere recoller as propostas do PP, como no caso do inventario dixital das estradas, estamos a súa enteira disposición”.