A coordinadora do rural, Montse Seijo, destaca o mal estado no que se atopan as fontes, “algunhas engulidas pola maleza e outras non botan auga” so é cuestión de tempo que a herba medre”
Ribadeo, 7 de decembro de 2022. O grupo municipal popular de Ribadeo levará a pleno unha petición para o mantemento das fontes da vila e das parroquias ante a situación de total abandono na que se atopan.
A popular Montse Seijo, coordinadora do rural, explica que “levamos reclamando durante toda a lexislatura a rehabilitación de espazos públicos, concretamente as fontes. Moitas delas nin se sabe si están porque están engulidas pola maleza e outras so é cuestión de tempo que a herba medre e mitad delas non funcionan”.
Neste sentido, Seijoo resalta que moitas destas fontes foron rehabilitadas por fondos dos obradoiros da Xunta de Galicia, é dicir, “co diñeiro de todos”. Por iso, aos populares lles preocupa que a rehabilitación que se fixo desde a administración autonómica non é efectiva se non hai un mantemento ou conservación das fontes.
PETICIÓNS REITERADAS
Desde o grupo popular non entenden o desgoberno absoluto do BNG que “nin xestiona nin traballa polos veciños de Ribadeo”: Por iso, a vicevoceira, Elena Sierra destaca que os populares seguirán insistindo e levando as veces que faga falta a pleno esta petición de arranxo e mantemento das fontes. “Es hora de que este gobierno despierte de una vez y no espere a arreglar todo, dos días antes de las elecciones”, engade Elena Sierra