Ribadeo, 15 de decembro de 2022. O grupo municipal popular de Ribadeo reclama a construción de aparcamentos públicos para a vila e denuncia a actitude de total abandono do goberno do BNG neste asunto. “Despois de preto de 20 ano non hai ningún aparcamento novo, referímonos a un decente e ben ubicado e no que non faga falta levar catiuscas para baixar do coche”, explica a coordinadora de promoción local, Marta Saiz.
Para Saiz, os anuncios “a bombo e platillo” feitos polo goberno do BNG no son máis que “praos alquilados ou solares prestados cheos de lama e auga en inverno, e terra e polvo en verano”. A coordinadora refírese ao mal estado dos aparcamentos públicos de Ribadeo, que non están en condicións adecuadas para o seu correcto uso e funcionamento, por iso, desde o grupo popular lamentan que o goberno do BNG faga todo “rápido e correndo”. Neste sentido, o que piden é un aparcamento en condicións con pavimentación que permita as zonas de tránsito e as zonas de prazas de aparcamento, e non un estacionamento cheo de gravilla e terra.
“Ademais, estívose invertindo en escombros e zahorra. Xa sabemos que a inversión é pequena, pero pequena ou grande foi feita en suelo que nin sequera é público. Unha situación que repercute negativamente no tecido económico de Ribadeo”, engade Marta Saiz.
PETICIÓNS REITERADAS
Pola súa parte, a vicevoceira do grupo municipal popular, Elena Sierra destaca que non é a primeira vez que levan a pleno o asunto dos aparcamentos públicos. Sen embargo, desde o goberno do BNG “la actitud es la de siempre, hacen oídos sordos, no hacen caso a nuestras peticiones e incluso tenemos que escuchar faltas de respeto en los plenos” explica a popular
“No nos van a callar, seguiremos llevando a pleno las propuestas para que hagan aparcamientos dignos para la villa, porque nosostros trabajamos para que Ribadeo avance” di Sierra.