O portavoz popular, Óscar Rodríguez, di que “Viveiro perde servizos continuamente e non é admisible que un que ten dereito a ter non o teña porque o goberno local non traballa, non se interesa polos asuntos do municipio”
Rodríguez lembra que o 9 de abril do 2008 firmouse un convenio de colaboración entre o Concello de Viveiro e Sogaserso para a construción e explotación dun equipamento xeriátrico en terreos cedidos polo Concello de Viveiro. No acordo establecíase que tería 150 prazas residenciais e aproximadamente 50 de centro de día. Posteriormente, no pleno do 5 de febreiro de 2010 aprobouse unha modificación de dito convenio, que nun dos seus puntos queda así: “O equipamento xeriátrico construído nos terreos cedidos de forma gratuíta é única e exclusivamente un centro de atención a persoas maiores integrado por unha residencia e un centro de día, cuxo funcionamento axustarase á normativa aplicable a esta clase de centros e que ten como fin esencial favorecer o colectivo de persoas maiores do municipio de Viveiro”. Rodríguez destaca que cando se levou a cabo este cambio, xa era concelleiros tanto Loureiro como o actual tenente de alcalde; polo tanto, a alcaldesa en ningún caso pode alegar ignorancia sobre o contido do convenio.
Para Rodríguez, como xa sinalou en anteriores ocasión con respecto a este asunto, “é inadmisible, inxustificable e intolerable a pasividade do goberno local”. Engade: “Viveiro perde servizos continuamente e non é admisible que un que ten dereito a ter non o teña porque o goberno local non traballa, non se interesa polos asuntos do municipio. É un servizo moi importante nunha sociedade cada vez máis envellecida”.