Site icon Crónica3.com A Mariña

O Pescados Rubén lévase outros 3 puntos e acumula 10 partidos sen perder

Burela, 17 de decembro, 2022. O Pescados Rubén Burela FS xogou hoxe ás 18.00 horas no Pavillón Colexio El Valle Sanchinarro de Madrid contra o CDE El Valle e o equipo mariñán levóuse os 3 puntos cun resultado final de 4-7 e, á par que a súa compañeira de club Irene Samper, 4 goles de Nando.

Na primeira parte os dous equipos estivieron bastante imprecisos, con ocasións polas dúas partes, o Burela FS comeza poñéndose por diante no marcador cun gol de Isma no minuto 6 e no minuto 15 Hugo Bernárdez aproveita o rexeitamento dun penalti e empata o encontro. O partido continúa igualado con dous paradóns de Superkaluza que manteñen o empate e no minuto 17 Nando rompe o empate e deixa o encontro 1-2 durante o descanso.

No minuto 1 da segunda parte os mariñáns empezan ben, Nando mete o 1-3 dun saque de esquina e posteriormente en 3 minutos, entre o 26 e o 29, o Pescados Rubén mete tres goles e rompe o partido; Pitero tras un xiro dentro da área, de novo Nando tras unha boa combinación con Rikelme e o habitual David Pazos tras un saque ao borde da área de Michal. No minuto 36 Nando mete o seu cuarto gol tras unha moi boa combinación con Lucho, subindo o marcador 7-1 para o Burela FS. El Valle recurre ao portero xogador e nos últimos 3 minutos de xogo anota tres goles aproveitando algún momento de desconcentración do equipo burelés, o primeiro de Manu Cebrián e dous de Javi Marín.

O Pescados Rubén Burela FS vaise de vacacións de Nadal con tres puntos máis e 10 partidos de Liga consecutivos sen coñecer a derrota.

Ficha Técnica:

Pescados Rubén Burela FS: M.Kaluza (P), Lucho, Pitero, Rikelme, David Pazos – cinco inicial- Isma, Bruno Expósito, Nando, Alberto, Antón Arnejo, Eloy, Bruno (P).

C.D.E. El Valle: R. Monroy (P), Gonzalo, Hurta, Dani Gómez, Colón – cinco inicial-, Cuadrado, Rubio, Hugo, Charly V., Javi Marín, Víctor López, Manu C., Víctor, Á León (P).

Goles: Min.6 Isma 0-1; Min.15 Hugo 1-1; Min.16 Nando 1-2; Min.21 Nando 1-3; Min.25 Pitero 1-4; Min.27 Nando 1-5; Min.29 David Pazos 1-6; Min.36 Nando 1-7; Min.37 Manu Cebrián 2-7; Min.38 Javi Marín 3-7; Min.40 Javi Marín 4-7.

Equipo Arbitral: Cristian Reig Miralles, Jorge Sanclemente Elvira, Carlos Pandero Díaz Concha, Marta Hernández Hernán.

Exit mobile version