Neste acto de presentación darase a coñecer a persoa que vai liderar a Agrupación, a que vai coordinar a conformación dunha candidatura electoral que pretende aglutinar persoas de diferentes sectores sociais económicos e das parroquias deste concello.
Tamén se van dar a coñecer as principais liñas estratéxicas de traballo para recuperar O Valadouro como un concello de referencia na comarca.
O acto de presentación terá lugar este sábado 17 de decembro ás 17:00 h na sala de reunións de Ferreira de O Valadouro. Casa de Cultura Manuel Lourenzo