Neste acto participarán os exdeputados Vidal Martínez-Sierra López, Ismael Rego González, Alberte Xullo Rodríguez Feixóo.
As charlas-coloquio son sesións divulgativas que teñen como obxectivo que o alumnado poida coñecer de preto o traballo que se desenvolve no Parlamento de Galicia.
Os/as exparlamentarios/as explican as funcións da Cámara autonómica, a súa composición e órganos, e contestan ás preguntas do público asistente. A charla compleméntase cunha proxección audiovisual, que fai un percorrido pola realidade da principal institución política de Galicia.
A cita é este martes, 13 de decembro, ás 12:30h.