Patricia Otero alerta de que os criterios de acceso deixan fora aos barcos de menor envergadura
Otero pide que estas axudas, que se veñen convocando en xaneiro, incorporen este ano variables como o tipo de actividade, o caladoiro no que faenan, o número de traballadores da embarcación ou unha media entre Permex semellantes. Actualmente as axudas atenden a unha media por exemplo entre un palangreiro do Índico e unha embarcación de menos de 5 metros, sen separar por artes nin por tamaños, polo que quedan lonxe do alcance das naves máis pequenas.
Sinala que esta liña de axudas, cofinanciada coa FEMP, é repartida en función dun baremo calculado sobre a media salarial de cada pescador de cada porto e non ter en conta os tramos das embarcacións, o que supón de facto unha discriminación contra as pequenas embarcacións.