Tras a avaliación final do traballo desenvolto polo grupo na xestión do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca en colaboración coa Consellería do Mar que o grupo vén desenvolvendo nos últimos meses, presenta o próximo mércores as conclusións e a súa nova Estratexia que estará en vigor ata 2027.
Para dar comezo a esta nova etapa porá en común coas persoas asistentes a súa nova Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo. O documento, froito dun proceso de participación desenvolto dende este pasado verán, marca as liñas de traballo do GALP no novo período do FEMPA que se extende agora ata 2027.
A xuntanza terán lugar o próximo mércores 14 de decembro ás 17h nunha sesión no Concello de Viveiro (Praza Maior, 1). Para máis información pódese contactar co GALP polos medios habituais