Os nacionalistas recordan que a responsabilidade nas instalación municipais é do Concello
Segun relata o voceiro do BNG Mario Pillado “é certo que se procedeu á retirada do mesmo pero o concello non asumiu ningunha responsabilidade con respecto ás consecuencias que ese feito tería para a SD Burela, posto que a metade da grada quedou ó aire libre. No partido o Domingo, co tempo que estaba, dende o club tiveron que tomar a decisión, sen respaldo institucional algún, de non cobrar entrada e deixar libre acceso ós vehículos dos afeccionados para que puideran seguir o partido a cuberto”.
Pillado continuou dicindo que “nós cremos que dende a entidade verde foron valentes e xenerosos, porque renunciaron ó despacho de billetes, é dicir, a unha parte dos seus ingresos polo interese xeral da súa afección e da veciñanza en xeral. Foron benmais responsables que o goberno local”
O portavoz nacionalista anunciou que “no pleno preguntamos cando vai solucionar o equipo de goberno o problema a onde encargou o material de reparación”
O Bloque leva ó pleno o malestar da veciñanza pola obra da ponte de Eijo Garay
En relación coa polémica xerada nas últimas datas sobre a obra levada a cabo na ponte da vía do tren, o voceiro do BNG sinalou que “cremos lóxico que con símbolos tan nosos como o bonito ou os nosos barcos en cuestión, a voz da veciñanza sexa expresada no pleno do concello e que o goberno local explique a situación”.
Finalizou Pillado dicindo que “a nós parécenos moi boa idea, cuns versos de Manuel María moi axeitados, pero cremos que coa promoción feita do Bonito e coa situación na que se atopa o noso sector pesqueiro, non foi a forma mais axeitada de executalo. Non temos nada que decir da autoría da obra; se un barco non pesca o responsable é o patrón, non os mariñeiros”