Site icon Crónica3.com A Mariña

O coordinador de Cultura do PPdeG, Daniel  Chapela, visitou este mércores o campanario da Catedral de Mondoñedo acompañado polo alcalde do municipio, Manuel Otero, e o campaneiro, Valentín Ínsua, no marco da declaración do toque manual de campás como Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade

Chapela destacou a importancia deste recoñecemento e, durante a visita, coñeceu de primeira man o funcionamento das campás; así coma o impulso que se lle está a dar ao toque manual coa asociación creada hai menos dun ano e tamén os novos proxectos que teñen en mente.

Exit mobile version