Site icon Crónica3.com A Mariña

O Consello Municipal das Mulleres de Ribadeo reúnese este xoves

Ribadeo, 14 de decembro de 2022. Convocouse sesión do Consello Municipal das Mulleres para o xoves, 15 de decembro, ás 20.00 horas no Salón de Plenos da Casa do Concello.

A concelleira de Igualdade, Mónica Freire, explica que “co Consello promóvese a participación activa das mulleres na vida política e social da vila. Ademais, transmítense e vehiculízanse as propostas que xurdan en calquera ámbito relacionadas coa problemática da igualdade de xénero”.

A edil ribadense engade que “o CMM é un espazo propio onde as mulleres poden opinar sobre aquelas decisións municipais que lles van afectar”.

E lembrou que “o Consello Municipal das Mulleres creouse no 2005, sendo a súa sesión constituínte o día 2 de marzo dese ano”.

O CMM está integrado por mulleres representantes das asociacións veciñais, asociacións culturais, asociacións de mulleres e feministas, sectoriais (ámbito educativo, sanitario, social…), partidos políticos, sindicatos, técnicas de emprego e igualdade e será presidido pola concelleira de Igualdade.

Exit mobile version