Esta actividade desenvolverase este martes, día 27, no Paseo Marítimo. “O deporte e os hábitos de vida saudables son unha das prioridades deste goberno local de Viveiro. Ensinar aos nenos e ás nenas valores como a convivencia eo compañeirismo, ao tempo que se divirten e se manteñen activos é clave, e por iso sempre apoiamos iniciativas como o Diverbasket”, subliñou a alcaldesa, María Loureiro.