O obxectivo é cubrir as necesidades urxentes e imprescindibles que se produzan, sempre e cando non sexa posible a súa cobertura con persoal propio municipal.
Con esta nova convocatoria búscase actualizar a lista de emprego vixente, tendo en conta as dificultades para a cobertura temporal de prazas pola escaseza de participantes que figuran nesta lista de emprego.
O prazo para a presentación de solicitudes é de cinco días hábiles.
As bases e o anexo correspondente están publicadas no taboleiro de anuncios dixital e na páxina web municipal www.viveiro.es.