Viveiro, 29 de decembro de 2022. O Diario Oficial de Galicia publicou o pasado 14 de decembro a resolución do 29 de novembro pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa de axuda ao alugueiro de vivenda do Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025, e se procede á súa convocatoria, con financiamento plurianual, para o ano 2023.
A finalidade destas subvencións é facilitar o goce dunha vivenda en réxime de alugueiro a sectores de poboación con escasos medios económicos, mediante o outorgamento de axudas directas ás persoas arrendatarias.
As axudas serán do 50 % da renda mensual que se deba satisfacer polo alugamento.
Para poder optar a esta axudas hai que cumprir certos requisitos, como ter uns ingresos inferiores o 3 IPREM e non inferiores a o 0,5 IPREM (nos casos de familias numerosas e unidades familiares con persoas con certas discapacidades, os ingresos poden chegar a 4 ou 5 veces o IPREM); non ter vivienda en propiedade, non ter débedas coas administracións.
O prazo de solicitude empeza o 2 de xaneiro e remata o día 5 de maio de 2022.
Para máis información e/ou tramitar a solicitude da axuda, os veciños e veciñas poden acudir á Oficina de Rehabilitación do Casco Histórico de Viveiro (Praza Maior, 1) ou chamar ó teléfono 982 562968.