Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro anima a persoas voluntarias a colaborar en diversos proxectos sociais

Este luns, 5 de decembro, é o Día Internacional do Voluntariado

Viveiro, 5 de decembro de 2022. O Concello de Viveiro, a través da Oficina Municipal de Voluntariado do Centro de Servicios Sociais, anima ás veciñas e veciños de Viveiro a participar nos catro proxectos de carácter social que se levan a cabo no municipio.

As iniciativas son para traballar con colectivos desfavorecidos; dúas delas de carácter educativo, outra centrada en actividades de compañía e outra no reparto de alimentos.

Por unha banda, búscanse persoas interesadas en participar nun proxecto de apoio educativo, lecer e tempo libre, dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 16 anos.

Outra iniciativa precisa voluntariado para un proxecto de alfabetización e preparación de probas de avaliación libre en formacións básicas.

Tamén se propón a participación nun proxecto de apoio para as actividades de paseo e acompañamento de citas médicas, sendo indispensable ter carnet de conducir.

Como remate, proponse a participación para unha actividade de reparto de alimentos perecedoiros entre as familias máis vulnerables.

Para os dous primeiros proxectos é necesario a colaboración de persoal voluntario que teña formación na área educativa ou social.

As persoas interesadas en colaborar con estas iniciativas sociais deben chamar ao Centro de Servizos Sociais de luns a venres de 09:00h a 14:00h aos teléfonos 982 550 421 ou 604 046 956.

No Día Internacional dos Voluntariaos, que se celebra hoxe, o Concello de Viveiro “agradece enormemente a participación de cada un dos voluntarios e voluntarias que colaboraron e colaboran nos diferentes programas ao longo do tempo, adicando o seu tempo libre axudando a quen mais o necesita de éxito desinteresado”, sinala Victoria Baamonde, concelleira de Benestar Social.

“As actividades voluntarias sempre contan con certificación oficial e supoñen unha enriquecedora aproximación ao mundo sociolaboral”, engade.

Exit mobile version