O evento tivo lugar durante o Mercado de Nadal celebrado esta fin de semana na Praza do Souto
O rexedor, Alfonso Villares, e a concelleira de Cultura, Dolores García Caramés, fixeron entrega dun pequeno agasallo a cada un dos participantes, e dos premios aos gañadores nas diferentes categorías.
No XXII Concurso de Postais de Nadal resultaron gañadores Gael Pita, na categoría de 3-5 anos, Martina López, na categoría de 6-9 anos, e Claudia López, na categoría de 10-12 anos. Ademais, a postal realizada por Iria Baltar resultou a elixida para as felicitacións institucionais.
Neste acto tamén se levou a cabo a entrega de premios aos gañadores do Concurso do Día do Libro. Segundo o veredicto do xurado, na categoría infantil resultaron gañadores Jesús López, en primeiro lugar, Óscar López no segundo e, en terceiro lugar, deuse un empate entre Helena e Samuel. Na categoría primaria a gañadora foi Iria Baltar.
Por último, o primeiro premio da categoría de adultos foi para Tomás Mariño, o segundo premio para Bego López e o terceiro premio para Antonio López.
Dende o Concello de Cervo felicitamos a todos os gañadores/as e agradecemos a súa participación nos diferentes certames cos que pretendemos fomentar a arte e a cultura.