Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo anima á veciñanza a revitalizar as súas fincas coa plantación de árbores froiteiras

Este luns, 26 de decembro, abre o prazo para participar no pedido conxunto tramitado pola delegación de Medio Ambiente

Cervo, 24 de decembro de 2022. O Concello de Cervo anima á veciñanza a participar no pedido conxunto de árbores froiteiras que tramita cada ano a delegación de Medio Ambiente, que dirixe Mali Méndez, “co obxectivo de revitalizar as fincas, para que sexan cada vez máis produtivas”.

Méndez recorda que os impresos estarán a disposición das persoas interesadas ata o 23 de xaneiro no Rexistro do Concello de Cervo.

Exit mobile version