Foz, 17 de decembro de 2022. En Foz abriu as súas portas o pasado mes de xuño Anacos de Lecer, un centro de ocio infantil, que acaba de converterse en novo asociado de AciaFozCCA.
A súa propietaria Tamara Prado conta que “no centro organizamos cumpreanos, obradoiros como un de Nadal que tivemos hai pouco e outro de decoración de cabazas coincidindo co Halloween, facemos tamén festas temáticas e ofrecemos opcións de conciliación con horas soltas, bonos, cotas mensuais e tamén facemos talleres soltos”.
A empresaria explica o calendario de actividades para o Nadal: “do 23 de decembro ao 5 de xaneiro teremos o campamento de Nadal co obxectivo de axudar coa conciliación. Está destinado a nenas e nenos de 3 a 12 anos. Será de nove da mañá a dúas da tarde, facendo adaptación de horarios segundo as necesidades das familias. Programamos actividades dirixidas, hai un tempo de xogo libre, pero facemos actividades de cociña, experimentos científicos, manualidades e un pouco de todo. E despois pola tarde o centro está pechado no Nadal, pero si que temos a opción de que si algunha familia precisa conciliar pola tarde, simplemente ten que chamarnos e pedirnos que precisa este servizo e ofrecémolo sen problema”.
En Anacos de Lecer, que tamén fai actividades extraescolares nos colexios, traballan 8 persoas.
Desde AciaFozCCA celebran seguir sumando asociados e deséxanlle moitos éxitos a Anacos de Lecer.