Mentres o equipo laranxa continúa a súa boa dinámica, o Parrulo perde 7-8 contra o Martorell e o Alzira empata contra o Sala 10 Zaragoza, ambos na casa
Sábado 3 de decembro. O CD Burela FS continúa traendo vitorias á casa, esta vez no CD La Rosaleda esta tarde ás 19.00 horas contra o Caja Rural Atlético Benavente, que xogaba con desvantaxe ao non poder contar con catro xogadores que botaron durante a semana.
Na primeira parte o Burela FS comenza con moi bo pé e xa no minuto 1 Isma pon o 1-0 a favor do equipo laranxa, podendo poñerse 3-0 pouco despois con dúas ocasións moi claras e no minuto 6 Rikelme suma o 2-0 seguido de David Pazos que pouco despois consegue o 3-0 para o seu equipo e suma 15 goles para o seu ranking da temporada, continuando como máximo goleador seguido de Adri e Pani. No minuto 17, debido a un pequeno desaxuste do equipo burelés, Preciado marca o 3-1 que os levaría ao descanso.
Na segunda parte o Burela FS sae con aínda máis forza que na primeira parte metendo dous goles por parte de Pitero e Alberto Mirás nos minutos 22 e 24 que matan o partido deixando ao Atlético Benavente con poucas opcións o resto do encontro ante un sobrio Burela moi centrado e maduro. Aínda que o equipo local recorre ao porteiro-xogador o CD Burela FS demostra que se resolve con solvencia neste tipo de situacións, defendendo eficientemente a súa portería e incluso sumando outros 2 goles de, otra vez, Alberto Mirás e Eloy, nos minutos 32 e 39.
Ao final do encontro e debido á tranquilidade que o seu equipo lle estaba aportando, David Rial concede un minuto de xogo a Bruno Expósito, prometedor xogador dos equipos de base do club.
Ficha Técnica:
CD Burela FS: M.Kaluza (P), Pitero, Isma, Rikelme, David Pazos, – cinco inicial- Lucho, Bruno Expósito, F.Torres, Alberto Mirás, Antón Arnejo, Eloy, Bruno (P).
Caja Rural Atlético Benavente: Imanol Ch.D (P), Fran, Charliente, Dani Colorado, Heras – cinco inicial-, Alejandro, Brian NM, Ibai, Preciado, Dani Simón, Domi, Diego, Corral, Tomy (P)
Goles: Min.1 Isma 0-1; Min.6 Rikelme 0-2; Min.9 David Pazos 0-3; Min.17 Preciado 1-3; Min.22 Pitero 1-4; Min.24 Alberto Mirás 1-5; Min.32 Alberto Mirás 1-6; Min.39 Eloy 1-7.
Equipo Arbitral: Gael García Schmid, Óscar Gómez Merino, Paula Álvarez Nogueiro, Carmen María Martínez Miguel.