Luís Bará propuxo elaborar un informe sobre os plans desenvolvidos no concurso eólico do 2010 e os “monetarizados” sen execución ao que o PP, unha vez máis, votou en contra
Santiago de Compostela, 14 de decembro, 2022. O deputado do BNG, Luís Bará propuxo a través dunha proposición non de lei, que o goberno elaborara un informe sobre os plans desenvolvidos no concurso eólico do ano 2010 e os plans industriais substituídos “por monetarización”, pagamentos de cantidades económicas das arcas públicas, así como os proxectos que se reactivaron no ano 2017, e as indemnizacións a empresas no ano 2008. Unha vez, afirmou o nacionalista, atopamos como resposta a negativa do Partido popular a ofrecer a información requirida sobre os proxectos industriais e monetarización.
Durante a súa intervención, o parlamentario do BNG preguntou que quere “ocultar a Xunta” con esta negativa reincidente xa que o propio director Xeral de Planificación Enerxética tamén se negou a responder as preguntas formuladas polo BNG sobre o caso Greenalia cunha monetarización de “11,7 Millóns de euros” polos parques eólicos de Campelo e Lamas de Feás e “que a Xunta lle perdoou a esta empresa”. A empresa, engadiu, “das portas xiratorias na que traballa a ex-conselleira do PP, Beatriz Mato”.
Na súa intervención na Comisión de Medio Ambiente, o nacionalista asegurou que existen indicios de que esta situación pode repetirse nos proxectos que se están a tramitar na actualidade polo que volveu a reclamar a documentación solicitada e negada sistematicamente polo goberno.
Por outra banda, criticou que o Partido popular vetara a solicitude do BNG para que comparecera o Vicepresidente 1º en sesión plenaria para dar explicacións sobre os plans desenvolvidos no concurso eólico do ano 2010 e as denuncias sobre “presunta malversación”. Malversación, retierou co “perdón” de 11,7 millóns de euros a empresa Greenalia das arcas públicas e a asegurou que o acontecido con Greenalia é só “a punta do iceberg” no que tamén están implicados outros proxectos industriais de empresas adxudicatarias do concurso eólico do ano 2010 que “non chegaron a ser executados”.
Bará cualificou de “feito grave e trato de favor da Xunta a empresas adxudicatarias que despois non cumpriron” e anunciou que o BNG pedirá ao titular de Industria, Francisco Conde, “explicacións e responsabilidades políticas” así como a anulacións de todas as decisións contrarias á lei e aos “intereses das arcas públicas”