En Foz vímos sufrindo o desleixo santario co silencio cómplice do PP local ao que non lle importou a discriminación ao non ubicar dun PAC no momento do deseño do mapa de asistencia sanitaria do SERGAS, ou a retirada do servizo de urxencias 24 hs (creado po la ausencia da figura de PAC). Unha retirada en pleno mandato do PP local, iso sí negando que fose a acontecer e acusando ao BNG local, cando o fixo publico, de mentir, nunca se desculpou. Tamén denunciamos anticipadamente a perda do técnico de emerxencias sanitarias, caso único en todolos dispositivos do 061 do SERGAS, tamén no mandato do PP local. A xubilación dunha técnico en coidados sanitarios hai 6 anos, non se cubreu mais. Nos últimos anos a falta de cobertura en ausencias programadas en todalas categorías profesionais, é continuo. Unha praza de Facultativo de baixa en quenda de mañá, leva case dous anos sen cubrir, Outra praza de facultativo en quenda de tarde por traslado da profesional outro ano mais. A especialista en Pediatría leva mais de 14 anos con reducción de xornada asumindo por riba os pícaros de Alfoz e Valadouro. A ausencia de cobertura dos odontologos levaba aos pacientes a Ribadeo ou Burela. En pasadas datas deuse a presenza de tan so 2 facultativos (dunha plantilla de 6) sen ningun tipo de explicación. Nos dous ultimos anos non se realizou o reforzo de facultativo para os visitantes de vrao (nin a substitución dos titulares, nun momento de numeroso incremento de usuarios). As persoas diplomadas en enfermería sufriron as mesmas fatas de cobertura e incremento da carga laboral, ao igual que o persoal administrativo e de servizos.
Mención a parte foi o trato aos profesionais durante a pandemia, sen material EPI, sen instruccións e mesmo na suposta volta a normalidade con carencia de información e nula empatía tras o esforzo realizado.
O CS de Foz dispón dun servizo de urxencias de mañá os sábados e festivos entre semana (para non sobrecargar ao PAC de Burela), cuberto por 1 facultativo e 1 DUE. Este sábado 24 de decembro non hai facultativo, e sabéndose anticipadamente o SERGAS prohibe anuncialo nas portas do centro, informa iso sí ao 061 a véspera pero non dá información clara as persoas traballadoras que quedan no centro. Aconteceu igual o pasado 10 de aosto, festivo local no medio do vrao, que quedou sen médico igualmente e sen información. Unha actitude habitual no SERGAS e no PP local, que mesmo é capaz de negar a existencia de problemas na sua nefasta xestión, calificando as situacións descritas como “incidencias” ou “alarmismo” diante das denuncias dos proprios profesionais.
O BNG de Foz quere amosar toda a solidarideade e agradecemento máximo a todolos profesionais, de todalas categorías. Lamentamos a falta de criterio do PP na consellería, a súa impericia que bordea a neglixencia no seu traballo (que é organizar os recursos) e deploramos o intento oscurantista e de desinformación.
Esiximos a cobertura de todalas carencias descritas e agardamos que se cubra a asistencia o vindeiro 31 de decembro por que tememos que non está prevista e volva a intentar ocultarse.