Míriam Bermúdez especifica que “desde o BNG gustaríanos saber que dependencias municipais contan cun Plan de Autoprotección para previr e controlar os riscos e así saber como responder ante posibles situacións de emerxencia”.
Sen máis e seguindo este real decreto, solicitamos o seguinte no vindeiro pleno:
– Coñecer que centros, establecementos, espazos, instalacións e dependencias de titularidade municipal dos que están en activo e xestionados polo Concello, contan coa obriga de contar cun Plan de Autoprotección (edificio consistorial, piscina, teatro, claustros de San Francisco, pavillón de deportes, etc).
– Están os Plans de Autoprotección dos centros e instalacións que están obrigados a contar con el, revisados e actualizados? Faise un seguimento periódico e realízanse simulacros de evacuación?
– Daqueles centros e instalacións sobre os que non existe obriga, plantexouse nalgún momento por parte do concello a elaboración e implantación de plans de autoprotección para actividades que presentaran especial risco ou vulnerabilidade?