A homenaxeada contoulles que lle gusta moito ler a prensa e seguir a actualidade na televisión. O segredo da súa lonxevidade estivo “en traballar moito, na agricultura, e en comer ben”. Mercedes Trevín estivo acompañada pola súa filla e polos seus cuñados. Como agasallo recibiu unha placa do Concello de Ribadeo na que se pode ler: “a Mercedes Trevín Fernández nos 101 anos do seu nacemento”. O rexedor e os edís quixeron renderlle así homenaxe a esta veciña, que se amosou moi agradecida pola visita e que lles lembrou a todos os presentes que o seu 101 aniversario é mañá, 17 de decembro.