Son moitas e variadas, ao longo de todo o curso, as nosas participacións en diferentes convocatorias plásticas, tanto de índole interno, coma municipal, provincial, autonómico ou nacional.
En decembro centrámonos en aportacións para concursos de postais e cartelerías de diferentes organismos e/ou asociacións.
Pero no noso colexio este derradeiro mes do ano ‘sabe’ tradicionalmente a BELÉN e VELADA con maiúsculas.
Máis de 40 anos de antigüidade acompañan o noso benquerido Belén situado nun lugar preferente e destacado como é a entrada principal do noso colexio. Conta con figuras fixas e móviles e circuitos de auga e electricidade perfectamente acompasados coa música que soa de fondo. Na súa montaxe participan profesores e alumnos que, en tempo récord, téñeno listo para a súa inauguración na ponte da Inmaculada. Todos os anos se renova algunha peza, este ano un dos nosos avós, antigo carpinteiro de ribeira, aportou varias casas elaboradas con maestría e gran cariño que soubo refrexar no seu traballo. A visita ao noso Belén está aberta en horario de mañá e tarde e poden acceder ao mesmo todas aquelas persoas que o desexen.
O noso Festival de Nadal, para nós Velada, leva facéndose de maneira ininterrumpida desde principios dos anos 70 do século pasado. Por desgraza a Covid fixo que houbera un antes e despois, xa que durante os anos 2020 e 2021 non puidemos realizala como a nós nos gusta que é sentindo o cariño e presencialidade de familiares e amigos.
Este ano 2022 volvemos con gañas e moita ilusión
Actuacións musicais e teatrais de toda índole nas que participa todo o alumnado, desde os máis pequenos de 4º de Infantil ata os maiores de 4º da ESO, estes últimos ademáis do seu número exercen tamén como mestres de cirimonia.
Segundo se vai achegando o día os nervios afloran un pouquiño máis, pero a experiencia dinos que unha vez que saen ao escenario todo se torna disfrute, como ten que ser.
No Martínez Otero tamén é tradición facer “doblete”, é dicir, o primeiro pase será o mércores día 21 ás 19h. adicado principalmente a familiares do noso alumnado, sen esquecer aos antigos alumnos; o segundo pase será o xoves día 22 ás 10:30h., nesta derradeira actuación todo o alumnado do colexio desfrutará cos números preparados polos seus compañeiros.
Son días de moito traballo pero tamén de moita ilusión e alegría que poñen o broche de ouro ao trimestre máis longo do curso escolar.