Site icon Crónica3.com A Mariña

Mónica Freire valora o voto do PP sobre a produción ecolóxica como unha emenda a Consellería e esixe que “a votación se materialice na ampliación de fondos da convocatoria de 2022”

Lugo, 27 de decembro 2022. O BNG sacou adiante por unanimidade unha moción que esixe á Xunta de Galicia a ampliación das axudas á produción ecolóxica, para atender todas as solicitudes presentadas á convocatoria de 2022.

A deputada de Medio Rural Mónica Freire, que defendeu a proposta no pleno provincial, sinalou que “o voto a favor do PP ven dar a razón ao BNG e a Plataforma de Productores Ecolóxicos de Galicia e constatar a falta de previsión e a nula capacidade de xestión do Conselleiro de Medio Rural no deseño da convocatoria, que deixóu fóra, segundo estimacións dos labregos e labregas, máis da metade dos solicitantes”

Monica Freire dixo “agardar que esta votación se materialice nunha rectificación inmediata por parte da Consellería e unha ampliación de fondos que garanta que todas os produtores e produtoras que presentaron as solicitudes en 2022 e cumpran os requisitos reciban as axudas que lle corresponden”.

A proposta aprobada no Pleno, no que estiveron presentes representantes da Plataforma de Productores Ecolóxicos de Galicia, esixe a Xunta de Galiza completar con fondos propios a cantidade orzamentada para a convocatoria de 2022 ata os 5,6 millóns de euros, a garantir a dotación e cobertura das convocatorias para cada ano do novo período da PAC 2023-2027 e a dar publicidade e transparencia ás decisións adoptadas para que os labregos e labregas poidan tomar decisións sobre as súas granxas coa información necesaria.

Exit mobile version