Site icon Crónica3.com A Mariña

Mondoñedo acende este venres o alumeado de Nadal

A decoración do Nadal aumenta con respecto ao ano pasado cun total de 9 espazos que iluminará o municipio

Mondoñedo, a 24 de novembro de 2022. O Concello de Mondoñedo comeza maña co seu acendido particular da iluminación do Nadal. A aposta pola decoración de nadal aumenta con respecto ao ano pasado, cun total de 9 espazos de nadal, entre os que destaca a casiña do Apalpador, o trineo de Papanoel e a súa casa de Laponia, un portal de Belén na Fonte Vella, a casiña da árbore nos Muíños, entre outros.

O número de arcos manterase similar ao dos últimos anos, con arcos novos na Avenida Bos Aires, Avenida San Lucas e Rúa Progreso, ademais do árbore de nadal da praza da Catedral.

Nove espazos de decoración de Nadal

Os nove espazos que ambientarán as rúas compóñense de o Rincón Laponia na praza da Catedral, cunha escenografía da casa de Santa Claus, o Rincón do Trineo na praza do Concello, composto por un trineo de Papá Noel tirado por cinco renos; o Rincón de Nadal na Alameda, centrada no espazo do palco de música, o Rincón dos Reis Magos, representando o Belén na Fonte Vella. No Barrio dos Muíños e en San Lázaro colocarase o Rincón de Nadal representado por bonecos de neve, cervos e árbores coa temática do Nadal.

O Concello convida a todos os visitantes a acercarse na ponte festiva de decembro para desfrutar do Mondoñedo con máis luz e colorido.

Exit mobile version