Burela, 26 de decembro de 2022. O Concello realizou diversas melloras no parque situado a carón do Hospital Público da Mariña. Ata alí se achegaron o alcalde, Alfredo Llano, e a concelleira de Medio Ambiente, Toñi Eijo.
A edil burelesa explicou que “tentamos darlle colorido a esa zona na que colocamos diversas plantas pensando nos usuarios e usuarias do Hospital Público da Mariña e sobre todo nos seus acompañantes, para que cando saian tomar o fresco ou estirar as pernas poidan desfrutar do parque e das melloras que alí fixemos. Pensamos que agrandan o interese dese parque”.
Toñi Eijo engadiu que “estes traballos no parque do Hospital únense aos que se foron facendo nos últimos meses noutros emprazamentos similares do noso concello para que toda a veciñanza, nen@s e maiores, poidan gozar dos nosos parques nas mellores condicións posibles”.