As actuacións centráranse en tres parcelas de titularidade municipal, situadas á beira dunha estrada e con parte da superficie en pendente, que requeriu o uso de maquinaria especializada. O tenente alcalde de Foz, Francisco Xavier Fanego, agradeceu a colaboración de Medio Rural da Deputación de Lugo “para financiar a contratación dos traballos que se desenvolveron ao longo desta semana e cos que damos continuidade as actuacións de roza que vimos realizando noutros puntos do concello”
A deputada Mónica Freire sinalou “que con esta actuación ampliamos a colaboración que mantemos co Concello de Foz, con outras intervencións como a adecuación dos aparcadoiros de Nois e Pico do Castro, que se habilitaron recentemente” e valorou o esforzo da área de Medio Rural do Concello para atender do mellor xeito posible os deberes de conservación e de coidado dos espazos públicos que temos as administracións públicas”.
A colaboración canalizouse a través dun convenio interadministrativo para o que a área de Medio Rural da Deputación de Lugo achegou 6.000 euros..