O PP provincial agradece “o traballo, compromiso e a ilusión” de Regueiro á fronte do PP da Fonsagrada e sinala que en próximas datas se nomeará á persoa encargada de presidir a xunta xestora da agrupación local
Regueiro tamén comunicou que renuncia á presidencia do PP local -do que é o máximo responsable dende que fora nomeado presidente da xunta xestora en novembro do 2017- para deixar paso a unha nova etapa na agrupación local da Fonsagrada.
O popular é concelleiro dende as eleccións do 2019 e portavoz do Grupo Municipal do PP. “Continuarei ata final do mandato cumprindo coa responsabilidade de representar aos veciños e veciñas da Fonsagrada na corporación municipal que me outorgaron nas pasadas eleccións municipais nas que apoiaron maioritariamente a candidatura do Partido Popular”.
A dirección provincial agradece o traballo que levou a cabo ao longo deste período con “moita ilusión e compromiso” e facendo, dende a oposición, política útil achegando propostas e fiscalizando o labor do goberno socialista que, segundo recordan dende o PP provincial, se debe ao pacto entre os perdedores: PSOE e BNG.
En próximas datas nomearase á persoa que se encargará de presidir unha xestora do PP da Fonsagrada.