Por mor do impacto, que ocorreu no quilómetro 528, na parroquia de San Xusto de Cabarcos, a carga que transportaba o camión quedou espallada na vía de circulación, en ambos sentidos do tráfico. O condutor puido saír polo seu propio pé do vehículo, que comezou a arder.
Nestes momentos, os servizos de emerxencia traballan na zona para restablecer as condicións de seguridade da vía de circulación.
Deste xeito, despois de recibirse no 112 Galicia a alerta do sinistro uns minutos antes das 17:15 horas, a través de varias persoas particulares, mobilizáronse ao lugar dos feitos os Bombeiros de Barreiros, Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Barreiros e o servizo de mantemento da autovía.