Chema Linares engade que “é o resultado dun longo traballo de varios meses para recoller información, elaborar o material necesario para a súa dixitalización e a súa difusión nas plataformas mencionadas e a transferencia destes datos a estes paneis informativos”.
O concelleiro de Turismo destaca que “o concello de Foz ten a sorte de contar con numerosas rutas de sendeirismo de gran valor natural, histórico e patrimonial que levan ata a Basílica de San Martiño ou ata a Frouxeira, por exemplo, ou a miradoiros como Cornería ou o de Tamamiña. E polo tanto este traballo significa mellorar e por en valor estas rutas e únese a un plan de recuperación de paneis informativos ao logo das rutas, como o do castro de Fazouro, moi deteriorado dende hai anos, ou o do castro de Llas; repúxose o das turbeiras, en Arealonga, e restablecéronse os vinilos da Frouxeira e Cornería, na Costa do Castro”.
Para rematar Chema Linares comenta: “estamos moi satisfeitos do traballo previo realizado para chegar á colocación destes paneis, despois de elaborar un banco de fotos, una boa cartografía, recoller toda a información e dixitalizar a mesma para que o Concello dispoña dela para o seu uso e poder repoñer os paneis cando se deterioren”.