Neste caso, trátase da montaxe dun valado lacado en verde de 42 metros que inclúe unha porta de acceso e está composto por 16 columnas en tramos de 3 metros, construído en chapas de aceiro inoxidable e con parafusos.
“Damos resposta ás demandas veciñais e continuamos co plan de mellora continua dos servizos e infraestruturas municipais”, afirma a alcaldesa, María Loureiro.
A pista deportiva de Parquemar está situada nunha das zonas con maior densidade de poboación de Viveiro e supón un centro neurálxico de ocio para a rapazada de todas as idades.
A instalación deste valado únese á colocación no pasado mes de marzo dunha columna de 10 metros con tres proxectores de 100 vatios para reforzar o alumeado deste parque infantil.
Ademais destes traballos, o Concello de Viveiro continúa realizando labores como a reparación e suxeición dos elementos de xogo ou a substitución dos elementos deteriorados.