Site icon Crónica3.com A Mariña

Héctor Manasé estreou en Burela o seu novo local alternativo, Lagañatattoo, coa presentación do novo libro de Raquel Graña “Vivir siendo libre”

Burela, 17 de decembro, 2022. Este venres 16 ás 20.30 da tarde en Burela tivo lugar a presentación do novo local cultural alternativo Lagañatattoo e, á vez, do novo libro da mediática Raquel Graña, “Vivir siendo libre. Una historia que sentirás como si fuera tuya”, coa colaboración de Librería Nobel e da Fundación Imdecum. Con prácticamente todas as cadeiras ocupadas, Héctor Manasé comezou presentando o seu novo proxecto, Lagañatattoo, un lugar diferente onde a arte se poderá desfrutar e adquirir en moitas das súas formas, dende tatuaxes ata literatura, pasando por exposicións de todo tipo que xa se poden ver se visitamos o novo local do polifacético artista burelés.

Posteriormente Raquel Graña presentou a súa nova novela erótica, unha historia que contén moitos tintes de autoaxuda á vez que te sumerxe nas vivencias de tres personaxes que ben poderían ser reais, mesturando diferentes formatos literarios dunha forma moi atractiva para o lector. Finalmente pasouse á firma de libros e ao habitual reparto de bombóns da escritora, mentres os asistentes puideron pasar un rato agradable conversando e curioseando o atractivo local de Héctor Manasé.

Exit mobile version