Burela, 14 de decembro, 2022. Este venres, 16 de decembro, ás 20.30 presentarase o novo local de Lagañatattoo (Rosalía de Castro número 26, Burela), un novo lugar cultural alternativo onde facer exposicións, presentacións de libros, talleres e diversas actividades sempre orientadas á filosofía do propio estudo, dirixido polo artista plástico, fotógrafo e tatuador burelés Héctor Manasé.
Para estrear esta nova apertura e en colaboración coa Librería Nobel e a Fundación Imdecum, terá lugar a presentación do novo libro de Raquel Graña “Vivir siendo libre. Una historia que sentirás como si fuera tuya”, unha historia divertida para aprender a quererse a un mesmo, da colección Milamores. Con máis de 900.000 seguidores en todo o mundo, Raquel Graña é psicóloga, sexóloga e creadora do proxeto “Íntimas Conexiones”. É experta en crecemento persoal e imparte consulta online con clientes en todo o mundo. Tamén colaborou en diversos medios de comunicación como TVE, TVG, Muy Interesante, Cosmopolitan, Marie Claire… Actualmente é presentadora do programa de televisión Non o chames amor.
Con este acto de presentación Héctor Manasé abre en Burela unha porta para todos e todas aqueles e aquelas que queiran mostrar as súas expresións e traballos relacionados coa arte, a literatura, a comunicación e a cultura en xeral.