Non se pode consentir que unha situación que se alonga dende o curso pasado e da que xa protestou a Anpa en reiteradas ocasións, e totalmente fundamentada, aínda estea sen resolver.
Estase tirando ao lixo, literalmente, a comida das nenas e nenos do colexio e o diñeiro de tódolos cidadáns.
Reivindicamos unha vez máis que o comedor escolar ten que ser un garante de calidade e un servizo educativo.
Reivindicamos que todos os comedores escolares sexan de xestión directa porque consideramos, que baixo a tutela directa da Consellería non teríamos estes problemas de calidade e atención.
Aproveitamos, en base a información que nos chega das Anpas, para solicitar que se considere a necesidade dunha formación axeitada das persoas que traballan de coidadoras de comedor e se inicien os mecanismos para regularizar esta situación.
Solicitamos á Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade en Lugo a que resolva canto antes este problema polo ben do alumnado do Ceip Plurilingüe Vista Alegre que é o único realmente importante.