Site icon Crónica3.com A Mariña

Entregados no IES Perdouro os premios do concurso “Previr a Sida día a día”

Burela, 1 de decembro, 2022. O 1 de decembro foi o Día Mundial da loita contra a Sida e o alumnado do IES Perdouro recibiu a visita das voluntarias da Cruz Vermella e de Maite Lanza, traballadora da Unidade Asistencial de Drogodependencias do Concello de Burela.
Desde a UAD do Concello de Burela, preténdese concienciar a poboación da importancia da prevención da Sida e da solidariedade cos enfermos.

Con estes obxectivos, a UAD convocou o certame de debuxo “Previr a sida día a día” e o xoves 1 de decembro estiveron no IES Perdouro para entregar os premios desta edición.
O primeiro posto foi para Shiva Eliska Alinda Nurhakim, alumna de 4º ESO. O seu debuxo foi o elixido para figurar no calendario publicado co gallo desta conmemoración. Ademais deste recoñecemento, recibiu un diploma, un vale de compra na librería Nobel e varios exemplares do calendario coa súa ilustración.

Os finalistas neste concurso foron Lidiana de Pina Sanches, alumna do CM de Xestión Administrativa, e Alexandre García Pousa, de 4º ESO, tamén do IES Perdouro. Tamén lles foron entregados os seus diplomas e senllos vales de compra.

Exit mobile version