Deste xeito, os veciños poderán fabricar nas súas casas o seu propio compost, un fertilizante natural con excelentes propiedades para o terreno dada a súa condición de produto natural, sen compostos químicos e libre de patóxenos; tamén actúa en moitos casos como bactericida e funxicida. Ademáis, ao ser un produto rico en nutrientes, convérsese nun excelente abono.
Con estes composteiros contribúese á redución de tanto volume de residuos producidos, e tamén a eliminar ou, polo menos, minimizar todo o posible o uso excesivo de fertilizantes químicos.
O Concello de Xove ven realizando estas campañas dende 2012 en colaboración con Sogama.