Alfoz, 18 de decembro, 2022. Este sábado entregáronse os premios do XX Concurso de Postais de Nadal da Biblioteca de Alfoz. Na categoría de Ed. Infantil, a postal gañadora corresponde a Samuel Alonso Stuparu. Na categoría de 1º ciclo de Ed. Primaria o premio foi acadado por Uxía Vivero Santín e na categoría de 2º ciclo de Ed. Primaria a gañadora foi Iria Valea Barreira.
A entrega de premios realizouse no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz, onde Marisa Goás, Concelleira de Cultura entregou os diplomas e premios, non só aos gañadores das tres categorías senón a todo o alumnado do CEIP Castro de Ouro que, ademais do correspondente diploma de participación, recibiron un pequeno agasallo como mostra de agradecemento ao seu esforzo.
O Club de Lectura da Biblioteca de Alfoz foi quen exerceu de xurado e o tiveron bastante difícil pola calidade das obras para elixir aos gañadores, que só podían ser un por categoría.
Todas as postais están expostas no exterior da Biblioteca e póden verse de luns a venres de 15:00h a 20:00h
As postais gañadoras serán a imaxe dos calendarios de 2023 que o Concello de Alfoz fai todos os anos e que estarán dispoñibles proximamente na Casa Consistorial, na Biblioteca e no Castelo de Castrodouro.