O pasado 27 de decembro as concelleiras de Xuventude, Ana Abad e Cristina Iglesias, fixeron entrega duns agasallos ao equipo de voluntariado que participou durante os meses de xullo e agosto no programa “Mañás Activas” da Xunta de Galicia. Con este acto, dende o Concello, quíxose celebrar este día e expresar o recoñecemento e admiración que merecen todas as persoas voluntarias que participan cada ano, e a todos os voluntarios en xeral.