Ribadeo, 13 de decembro de 2022. O Club Baloncesto Ría de Ribadeo é un dos clubes máis representativos do municipio polos valores que inculcan a os nenos e nenas do club. Onte, tivo lugar un encontro entre o grupo municipal popular e o club de baloncesto ribadense na que participou a secretaria xeral de igualdade, Susana López Abella, no marco do impulso e a equidade no deporte.
O voceiro dos populares, Dani Vega, resalta que “levamos moito tempo colaborando coa Xunta de Galicia e con Susana para poñer en virtude o papel da muller no mundo do deporte e inculcar valores tan importantes como a igualdade e a diversidade”. Por iso, Vega quixo “felicitar, agradecer e destacar” o traballo da directiva, as familias e os nenos e nenas do club pola súa implicación no baloncesto.
Por outra banda, o grupo municipal popular resalta o seu compromiso axudando ao club na tramitación dunha das achegas da Xunta e Galicia para a renovación da vestimenta do club, concretamente nas sudaderas.
Neste sentido, o coordinador de deportes, Tito Suárez, explica que “nos seguimos traballando polo deportes ribadenses, mantendo o noso compromiso coas entidades deportivas. O Club de Baloncesto Ría de Ribadeo demandábamos, despois de varias reunións, unha achega para contar con novas sudaderas para a temporada 2022-2023, e por iso axudamos nas xestións e agora xa contan co orzamento da Xunta”.