Ribadeo, 15 de decembro de 2022. No día de hoxe dan comezo os traballos de mantemento e conservación dos aparcadoiros da vila, coa provisión de materiais no que está situado en Rosalía de Castro, a carón do Gadis, e tamén no anexo ao municipal, segundo deu a coñecer a concelleira de Obras, Mónica Freire.
A edil ribadense dixo que “como todos os anos desde a Concellaría de Obras realizamos estas tarefas para manter estes espazos nas mellores condicións posibles, sabendo que son terreos cedidos ao Concello a través de comodatos”.
Mónica Freire explicou que “estamos no día de hoxe coa provisión de materiais no aparcadoiro de Rosalía de Castro, a carón do Gadis, e tamén no de terra anexo ao municipal. Iremos facendo estas tarefas de maneira escalonada para evitar aos máximos incomodidades para a veciñanza”.
A concelleiras de Obras indicou que “actuaremos tamén no aparcadoiro de Ramón González, no de camións, que está situado a carón da rotonda do Juanín, no da rúa Lazurtegui, e no da rúa Pipelo”. Mónica Freire lembrou que “este ano coa axuda da Deputación de Lugo creamos 70 novas de aparcamento nesta zona, en pleno casco histórico de Ribadeo, co obxectivo de contar con diferentes localizacións en toda a vila ás que poder achegarse, deixar o coche e desprazarse da forma máis cómoda posible”.