Site icon Crónica3.com A Mariña

Correos instala un buzón de Nadal na súa oficina de Burela

Ata o día 5 de xaneiro, os nen@s poderán depositar as súas cartas para os Reis Magos na caixa de correos especial que Correos instalou na oficina postal de Burela

Burela, 7 de decembro de 2022. Ata o día 5 de xaneiro, os nenos e nenas que o desexen poderán depositar as súas cartas para os Reis Magos na caixa de correos de Nadal que Correos instalou na oficina postal de Burela.

Ademais de fomentar o espírito do Nadal, esta iniciativa da empresa postal tamén pretender incentivar a práctica da escritura entre os máis pequenos da casa.

Correos leva 27 anos celebrando a campaña de Reis Magos con caixas de correos específicas para recoller os desexos dos nenos e nenas e encargarse de entregarllos directamente aos seus destinatarios en Oriente.

Ademais, este Nadal os equipos de voluntarios e voluntarias de Correos volverán achegarse a varios hospitais de España a recoller as cartas de mans dos nenos e nenas ingresados. Deste xeito, ademais de entregar un detalle aos máis pequenos, asegúranlles que os seus desexos chegarán a tan ilustres destinatarios.

Deste xeito, Correos, que desde hai máis de 300 anos, é o operador loxístico do Nadal, seguirá mantendo a ilusión de todos os nenos e nenas lembrando que hai poucas cousas tan fantásticas como escribir unha carta aos Reis Magos.

Exit mobile version